[hackmeeting] prestige: seguimos igual + en gallego
nilo casares
nilo.casares en uv.es
Mie Mayo 7 13:22:52 CEST 2003
[David Bayón] {07.05.2003} _Re: [hackmeeting] prestige: seguimos
igual + en gallego_
>Estaría encantado de hacer el esfuerzo de leerla, gracias.
[nilo] aquí va
Date: Tue, 6 May 2003 1:10:24 -0800
From: "Kike Benlloch" <benlloch en simil.com>
O sábado día 3 de maio fun contratada para realizar dúas sesións de
contos no concello de A Estrada. Dous días antes, o responsable da
programación chamábame para concretar a actuación e para transmitirme
unha advertencia dos responsables municipais, segundo a cal non debía
mencionar en ningún momento a catástrofe do “Prestige” nin referirme a
Nunca Máis nin posicionarme a favor ou en contra da guerra, baixo a
ameaza de non pagarme o caché que acordamos. Nos case dez anos que
levo adicándome a contar historias nunca me chegaron ameazas dese tipo
e afortunadamente ninguén pretendeu interferir no contido dos meus
espectáculos. Como considero de xustiza que o público e, sobre todo, a
xente que paga cos seus impostos os responsables do seu concello,
coñeza esta clase de ameazas, mencionei o tema durante a actuación e din
os datos precisos aos medios de comunicación para que o difundisen.
O meu obxectivo non é a propaganda política de ningunha clase, senón que
o considero unha cuestión de dignidade e de sentido común. Aínda hoxe
me parece ético posicionarme en contra da guerra, de calquera guerra,
motivada polas razóns que sexan, así como denunciar a catástrofe
do “Prestige” e a neglixencia dos nosos gobernantes ao respecto.
Despois da sesión do sábado 3 de maio, a maior parte do público
demostroume o seu apoio e a súa simpatía, detalle que agradezo, así como
o seu abraio ante o feito de que existan presións dese tipo por parte dun
organismo público. Non sei quen é o/a responsable directo da acción
porque non tivo a ousadía de chamarme en persoa e, polo tanto é libre
de “curarse en saúde” botándolle a culpa a outr en s ou negándoo todo, pero
manifesto unha vez máis a miña indignación pola súa actitude represora
que non considero representativa en absoluto do sentir popular dos
habitantes da Estrada.
A miña preocupación actual, despois de ter recibidas unhas cantas
chamadas da prensa asegurándome que desde o Concello se nega o feito e
que van pagar a función, non é a de cobrar ou non cobrar, pois é algo que
dou por suposto xa que cumprín a miña parte do contrato, senón a de que
accións coma estas queden silenciadas.
Animo a facer públicos estes actos de coacción e a falar en liberdade, a
ver se conseguimos que as únicas armas de destrucción masiva ( non de
persoas, pero si de orgullos) sexan as palabras.
PAULA CARBALLEIRA CABANA
A actriz Paula Carballeira denunciou un intento de censura por parte do
concello da Estrada, pouco antes de iniciar unha “contada” no Teatro
Principal da vila. Segundo Paula, unha persoa enviada polo concello díxolle
que “non lle pagarían se durante a actuación facía algunha mención a
Nunca Máis ou as mobilizacións contra a guerra”. A actriz, tanto ao
comezo como ao remate da función díxolle ao público: “Hoxe é para min
unha actuación moi emotiva e moi especial. É a primeira vez que alguén me
di que non podo dicir algo, que non podo dicir Nunca máis ao chapapote,
Nunca máis aos gobernos incompetentes, e Non á Guerra. E eu como son
tozuda, digo todo iso e repetireino varias veces”. A actriz recibiu a
felicitación da maior parte do público que presenciou a contada e está a
espera de cobrar pola súa actuación. O concelleiro de Xuventude e
Deportes, Xosé Antonio Maceira, negou que se lle censurase a actuación,
afirmou que o ciclo de contacontos vai continuar e que xa se tramitou a
factura para pagarlle a actriz.
O grupo Chévere aínda non cobrou a representación da obra "Río Bravo"
no concello da Estrada o 31 de xaneiro. Co teatro ateigado de público e
con máis de cen persoas que quedaron fóra sen entrada, os membros do
grupo fixeron ao remate do acto unha declaración de apoio a Nunca Máis.
Chévere non conseguiu aínda falar co concelleiro de Cultura, José Manuel
Reboredo
--
todos a galiza:: todos a galicia:: tots a galicia:: tous a la
galice:: tutti a galicia:: everybody to galicia:: denok galiziara::
alla till galicien:: wszyscy do galicii:: kaikki galisiaan
copyleft (todos os direitos ao reves) by nilo casares
beijos em espiral:: besos en espiral:: besades en espiral:: baisers
en spirale:: baci a spirale:: spiral kisses :: spiral kyssar::
spiraalzoenen:: pocalunki spiralowe
/////////////////////////// olho=atencao \\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\
para mensagens com adjuntos >1mb nilo.casares @ ono.com (sem espacos)
aviso previo do envio ao nilo @ uv.es (sem espacos)
Más información sobre la lista de distribución HackMeeting