[hm] Traducción Manifiesto Galego
Jardi Nero
jardi_nero en sindominio.net
Jue Sep 11 14:02:25 CEST 2025
*Sobre o Hackmeeting*
O Hackmeeting é un espazo autoxestionado do encontro onde compartillar
inquietudes tecno-políticas.
Dende o primeiro encontro en 1998 ata hoxe, foi un espazo para que a
xente con ou sen coñecementos técnicos puidese atoparse, propoñer
dúbidas, xerar debates ou compartir coñecementos nun entorno onde o
social e a tecnoloxía son as protagonistas.
*Manifesto HackMeeting 2025 “AragOff”*
**/¡Non é seca, é saqueo!/
//Vintecinco anos, ou ditro doutro xeito: un cuarto de século, é o tempo
transcorrido dende o primeiro Hackmeeting. Un evento que se ven
celebrando cada ano dende o 2000 polo que pasaron varias xeracións de
hackers, só interrompido pola pandemia do 2020. Nesta ocasión volvemos ó
mesmo lugar no que se celebróu o Hackmeeting de 2010, o CSO Kike Mur en
Zaragoza.
As multinacionáis e as institucións están a expoliar a nosa terra e
enchéndao de centros de datos para o seu propio beneficio. As
macrogranxas de servidores están a roubarnos a pouca auga potable que as
macrogranxas de porcos non conseguiron contaminar con purines. AragOff
nace do desexo colectivo de parar esta ofensiva; é a chamada á nosa
terra por recupera-la soberanóa sobre as nosas ferramentas e
infraestructuras dixitáis. No 1936, o Consello de Aragón establecéu que
as terras foran cultivadas e administradas polos labregos, do mesmo
xeito, nós queremos unhas infraestructuras cultivadas e administradas
pola xente.
Fronte á narrativa corporativa que presenta os centros de datos coma
“unha nube”, nós sabemos que a nube non existe, só son os ordenadores de
outres. Como moi ben documentóu o colectivo Tu Nube Seca Mi Río, o
consumo de auga destes centros de datos é astronómico. Un centro de
datos promedio consome o mesmo que unha cidade de alrededor de 40000
habitantes. ChatGPT consome medio litro de auga por cada 100 palabras
que xera. Google reportóu que no ano 2021 tódo-llos seus centros de
datos consumiran o 10% do que consome o estado español nun ano, e esta
cifra segue en aumento. Isto é aberrante nunha situación de secas cada
vegada máis frecuentes e inclementes, con cada vegada máis ríos
contaminados en todo o mundo. En definitiva, é imprescindíbel defensar a
auga dos nosos territorios dos ataques das grandes tecnolóxicas.
Detrás de todo estropicio están os sospeitosos habituáis: Amazon,
Blackstone, Microsoft... Mas tamén foron sumándose ó carro empresas ca
etiqueta “green” que lonxe de pesquisar solucións máis sostibles só
buscan o beneficio económico, coma Box2Bit e Bester. E como vén sendo
cotiá, contan co apoio do goberno de Aragón, o goberno de españa e o estado.
Nós imaxinamos pequenos centros de datos administrados pola xente que os
usa. Dende os primeiros hacklabs e servidores radicáis ata as actuáis
redes sociáis libres e federadas, creamos un ciberespazo antagonista que
non depende das megacorporacións. Entre os nosos moitos referentes
atópanse Sindominio e Austici, que proveen de contas e listas de correo,
almacenamento en liña, chats, pads, aloxamentos de páxinas web... Todo
isto de software libre. O Fediverso, ou a rede de redes sociáis libres,
conta con iniciativas colectivas que respetan a nosa axencia e
privacidade. Todo este ciberespazo antagonista construímolo de xeito
autoxestionado e horizontal.
Unha das nosas propostas é seguir sementando unha rede de nodos
autónomos de baixo consumo. Pequenos servidores alimentados ca enerxía
de panéis solares, conectadoes entre si por enlaces de radio e fibra
óptica comunitaria. Non precisas dos seus datacenters faraónicos. Con
hardware reciclado e moita intelixencia colectiva, podemos crear unha
internet que non sexa regada con auga dos nosos ríos, senón ca suor das
nosas frontes e a enerxía do noso sol.
Este Hackmeeting é unha oportunidade para seguir construíndo
alternativas ós macro centros de datos. Para seguir impulsando
infraestructuras autogestionadas. Para programar as nosas ferramentas de
software libe baixo os principios da privacidade e o ecoloxismo.
Reunímonos en Aragón para decir “NON” a estes macro-proxectos
extractivos a tantos nivéis. Por iso, convocamos a todo o mundo o venres
27 de setembro en Zaragoza para berrar xuntes: ¡Non é seca, é saqueo!
“/Queremos auguiña pra beber, auga que limpe as rúas, auga pra poder vivir”/
/-Ixo Rai/
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: </pipermail/hackmeeting/attachments/20250911/c5a5d3b8/attachment.html>
Más información sobre la lista de distribución HackMeeting