[hm] Traducción Manifiesto Galego

harito harito en sindominio.net
Vie Sep 12 10:45:21 CEST 2025


gracies jardi, afegit!


On 11/09/2025 14:02, Jardi Nero wrote:
>
> *Sobre o Hackmeeting*
>
> O Hackmeeting é un espazo autoxestionado do encontro onde compartillar 
> inquietudes tecno-políticas.
>
> Dende o primeiro encontro en 1998 ata hoxe, foi un espazo para que a 
> xente con ou sen coñecementos técnicos puidese atoparse, propoñer 
> dúbidas, xerar debates ou compartir coñecementos nun entorno onde o 
> social e a tecnoloxía son as protagonistas.
>
> *Manifesto HackMeeting 2025 “AragOff”*
>
> **/¡Non é seca, é saqueo!/
>
> //Vintecinco anos, ou ditro doutro xeito: un cuarto de século, é o 
> tempo transcorrido dende o primeiro Hackmeeting. Un evento que se ven 
> celebrando cada ano dende o 2000 polo que pasaron varias xeracións de 
> hackers, só interrompido pola pandemia do 2020. Nesta ocasión volvemos 
> ó mesmo lugar no que se celebróu o Hackmeeting de 2010, o CSO Kike Mur 
> en Zaragoza.
>
> As multinacionáis e as institucións están a expoliar a nosa terra e 
> enchéndao de centros de datos para o seu propio beneficio. As 
> macrogranxas de servidores están a roubarnos a pouca auga potable que 
> as macrogranxas de porcos non conseguiron contaminar con purines. 
> AragOff nace do desexo colectivo de parar esta ofensiva; é a chamada á 
> nosa terra por recupera-la soberanóa sobre as nosas ferramentas e 
> infraestructuras dixitáis. No 1936, o Consello de Aragón establecéu 
> que as terras foran cultivadas e administradas polos labregos, do 
> mesmo xeito, nós queremos unhas infraestructuras cultivadas e 
> administradas pola xente.
>
> Fronte á narrativa corporativa que presenta os centros de datos coma 
> “unha nube”, nós sabemos que a nube non existe, só son os ordenadores 
> de outres. Como moi ben documentóu o colectivo Tu Nube Seca Mi Río, o 
> consumo de auga destes centros de datos é astronómico. Un centro de 
> datos promedio consome o mesmo que unha cidade de alrededor de 40000 
> habitantes. ChatGPT consome medio litro de auga por cada 100 palabras 
> que xera. Google reportóu que no ano 2021 tódo-llos seus centros de 
> datos consumiran o 10% do que consome o estado español nun ano, e esta 
> cifra segue en aumento. Isto é aberrante nunha situación de secas cada 
> vegada máis frecuentes e inclementes, con cada vegada máis ríos 
> contaminados en todo o mundo. En definitiva, é imprescindíbel defensar 
> a auga dos nosos territorios dos ataques das grandes tecnolóxicas.
>
> Detrás de todo estropicio están os sospeitosos habituáis: Amazon, 
> Blackstone, Microsoft... Mas tamén foron sumándose ó carro empresas ca 
> etiqueta “green” que lonxe de pesquisar solucións máis sostibles só 
> buscan o beneficio económico, coma Box2Bit e Bester. E como vén sendo 
> cotiá, contan co apoio do goberno de Aragón, o goberno de españa e o 
> estado.
>
> Nós imaxinamos pequenos centros de datos administrados pola xente que 
> os usa. Dende os primeiros hacklabs e servidores radicáis ata as 
> actuáis redes sociáis libres e federadas, creamos un ciberespazo 
> antagonista que non depende das megacorporacións. Entre os nosos 
> moitos referentes atópanse Sindominio e Austici, que proveen de contas 
> e listas de correo, almacenamento en liña, chats, pads, aloxamentos de 
> páxinas web... Todo isto de software libre. O Fediverso, ou a rede de 
> redes sociáis libres, conta con iniciativas colectivas que respetan a 
> nosa axencia e privacidade. Todo este ciberespazo antagonista 
> construímolo de xeito autoxestionado e horizontal.
>
> Unha das nosas propostas é seguir sementando unha rede de nodos 
> autónomos de baixo consumo. Pequenos servidores alimentados ca enerxía 
> de panéis solares, conectadoes entre si por enlaces de radio e fibra 
> óptica comunitaria. Non precisas dos seus datacenters faraónicos. Con 
> hardware reciclado e moita intelixencia colectiva, podemos crear unha 
> internet que non sexa regada con auga dos nosos ríos, senón ca suor 
> das nosas frontes e a enerxía do noso sol.
>
> Este Hackmeeting é unha oportunidade para seguir construíndo 
> alternativas ós macro centros de datos. Para seguir impulsando 
> infraestructuras autogestionadas. Para programar as nosas ferramentas 
> de software libe baixo os principios da privacidade e o ecoloxismo. 
> Reunímonos en Aragón para decir “NON” a estes macro-proxectos 
> extractivos a tantos nivéis. Por iso, convocamos a todo o mundo o 
> venres 27 de setembro en Zaragoza para berrar xuntes: ¡Non é seca, é 
> saqueo!
>
>
> “/Queremos auguiña pra beber, auga que limpe as rúas, auga pra poder 
> vivir”/
>
> /-Ixo Rai/
>
>
> _______________________________________________
> HackMeeting mailing list
> HackMeeting en listas.sindominio.net
> https://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting
------------ próxima parte ------------
Se ha borrado un adjunto en formato HTML...
URL: </pipermail/hackmeeting/attachments/20250912/05954bd8/attachment-0001.html>


Más información sobre la lista de distribución HackMeeting